13.4.10

m* de música

Despois dun mes sen ter música en directo na nosa casa, temos o pracer de ter esta noite a un gran amigo do m* .....



A motivación para armar outro proxecto en formato trío é precisamente esta instrumentación específica. É como un grupo síntese, unha redución de calquera formación de calquera estilo en tres únicas voces acústicas: saxo, contrabaixo e bateria.

Xacobe Martínez presenta o seu actual proxecto, con repertorio novo e dous músicos cos que xa traballara no seu Quinteto, Pablo Castaño ao saxo alto e Max Gómez á batería.


* martes 13. 22:30h. entrada 2€. aforo limitado.
* cartaz by xogadeseño

se queredes saber mais deste trio "pinchade" no título da entrada.