25.1.12

#twitscq


Sabemos que sodes moitos e tamén sabemos que alguns de vos non vos coñecedes en persoa ...

Hoxe teredes a oportunidade de desvirtualizar ao follower que che da os bos dias, poderedes dicir a cara algun que outro tweet gardado, deixar de ter longas conversas por DM e ata facer un unfollow en vivo e en directo.

Twitter@s de Compostela, daredores e achegad@s, descoñecid@s e desvirtualizad@s, vémonos hoxe a eso das 20:00h, na nosa casa que sempre será vosa. Xa sabedes, o fondo, onda esta o caloriño dos vosos tweets, Retweets, @mencions ....


Por certo ... podedes seguirnos en twitter ... somos @mcafe ... ;)

E se queredes saber mais da #twitscq tamen en @twitscq

20.1.12

*Tomando cafe con ....




Hoxe Venres a partir das sete do serán, a nosa zona VIP, a dos amigos, terémola reservada para Sonia. Esta asterisco recen chegada á nosa casa, está detrás de O segredo de Nanabel.

Xa participou no noso Pequeno Mercado de Nadal con gran éxito, por cetro, e desta vez será coma un showroom privado.

Se queres coñecela en persoa, coñecer as cousas que pasan directamente da súa cabeza ás súas mans .... pásate a tomar un café ou o que che te apeteza ...

Hoxe venres ... *Tomamos café con O Segredo de Nanabel.






A partir das 7 do serán. m* cafe e copas. zona VIP.

5.1.12

Nos imos descansar un chico para voltar o luns coas pilas ben cargadas... Xa nos contaredes como se portaron os Reis Magos!

31.10.11

Sucesos estranos no m*

DUAS TABERNEIRAS DA CAPITAL DE GALICIA PROTAGONIZAN O MISTERIO DESTE DIA DE DEFUNTOS.



Nesta foto de arquivo vemos a Sagrario e a Mariví, as protagonistas deste suceso.

Ninguen sabe que pasou dentro do local sito na compostelana rua da Fonte de Santo Antonio, pero a policía científica certificou que os restos atopados na escena do suceso pertencían as taberneiras tan coñecidas por todos.

Os seu veciños, contan que nese local sempre sucederon cousas estranas e paranormais, incluso antes de facerse o novo edificio. Coméntase que os 31 de Octubre, na noite de defuntos, escoitanse ruidos e voces horribles ...

De todos modos, os seus amigos queren recordar a estas rapazas e convidan a todo o mundo que as coñeceu veñan a rendirlle unha cálida despedida esta noite de defuntos, e quizais.... solo quizais poderemos atopalas detras da barra, coma sempre!!

13.6.11

en Xuño ..... exposición*



Este Venres 17 de Xuño, inauguramos unha nova exposición na casa. Desta vez repetimos con fotografía e de fotógrafo, Xabier Martinez, que xa é un habitante reincidente deste espacio.

Non sabemos canto tempo estarán colgadas as suas fotografías nas nosas paredes, pero recomendamos que non deixedes de pasar a desfrutalas, tomando un café, unha caña ou o que gustedes.

*se queredes saber mais deste magnífico fotógrafo "pinchade" no título da entrada.


*deseño cartaz . pepexoga

5.5.11

Obsesionados con ... Adele





Estamos de volta por estes lares coa intención de non marchar nunca ....

24.1.11

os martes darémosche que falar .... en inglés!!

Comenzamos esta aventura o ano pasado colaborando cos nosos amigos de Sant James Institute e este ano que xa comenzou queremos que os martes no m*, continúen sendo para falar inglés.

Para avanzar un pouco nesta aventura, o que antes facíamos cada dous martes, agora será todos os martes a partir das 20:00h en vez das 22:00h.

Esperamos con este cambio que a xente que queira practicar o seu inglés, en conversa e totalmente gratuíto, sepa que calquera martes a partir das 20:00h do serán poden achegarse pola nosa casa, tomar o que lle pida o corpo e latricar un pouco.

No m* estará xente faladora de Sant James Institute, que serán os guias desta aventura.

Empezamos este martes e esperamos atoparvos por aqui.



deseño cartaz: pepexoga

18.1.11

donuts con .... *

Probando cousas novas .....





.... primeira proba ... ¡¡deliciosos!!

*fotos. pepexoga

6.1.11

en Xaneiro ... exposición*

Levou tempo, moitos cafés e conversas para convencer a este amigo do m*, de que colgara nas nosas paredes espidas unha mostra das súas miradas.

Levou tempo pero xa están aquí as suas fantásticas fotografías, son unha pequena mostra que él mesmo denominou Compostela. E para celebralo, mañá daremos un humilde ágape a quen se achegue a mirar, aloubar, criticar, saúdar o noso convidado deste mes de Xaneiro.

A cita será as 8:30h do serán, recomendamos non demorarse moito e mirar as obras de Juan L. Amado con calma, sen presas.





Inauguración. Venres 7 de Xaneiro. 8:30h. m*cafe e copas.

* deseño cartaz pepexoga

10.12.10

... coachinando*

Hoxe teremos na nosa casa a Alex Pereira, un cliente, amigo, coach, cociñeiro ... coachinero! presentando o seu novo proxecto.

Aínda que falando pódenos convencer do que sexa, como un bo deseñador/creativo, vai achegarnos a sua nova idea creativa e innovadora por medio da vista e do gusto.

Un chef, un único día, un novo proxecto, tres tapas* .... flatas ti!





*tapas a un euro c/u.
*sorteo cada media hora dun gorro de cociñeiro entre os que tomen as tapas de unha en unha.
*sorteo final dun bono regalo (válido por un servicio do coachinero) aos que vos atrevades a comer as tapas de tres en tres.


Bo proveito!

*venres 10 de Decembro. 19h a 22h.